Blog

Guerreiros en pedra: símbolos imperecedoiros da cultura castrexa

Decembro 10, 2014
0 Comment

Apreciar unha escultura, sexa cal sexa o seu estilo, non implica necesariamente ter coñecementos sobre técnicas, volumes ou acabados; senón a capacidade de sentir e de entender que estamos ante unha forma de expresión de persoas que viviron nun momento e nun lugar determinado. Así, cando observamos a figura dun guerreiro castrexo, non debemos quedarnos.. read more →

A actividade téxtil na cultura castrexa: panos e pezas de vestir

Decembro 10, 2014
0 Comment

Ao pasear entre as vivendas de San Cibrao de Las nun día frío e húmido, como os desta semana que pasou, a miúdo tentamos imaxinar como se desenvolvería o día a día dunha familia castrexa nos rigores do inverno e dá a sensación de que esta época do ano sería, cando menos, pouco confortable. As.. read more →

Visitas guiadas gratis

Decembro 1, 2014
0 Comment

  Coa entrada ao Parque os visitantes poderán visitar o Castro de San Cibrao de Las en compañía de guías especializados. É recomendable reservar previamente xa que o aforo é limitado. Máis información no 988 267 285. read more →

É tempo de magosto, é tempo de castañas no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

Novembro 13, 2014
0 Comment

Chegou o recendo das castañas asadas, das xuntanzas ao redor das fogueiras e do viño novo. Xa entramos de cheo nos magostos e é que, como ben di o refrán, “castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño”. Na contorna de San Cibrao de Las, fermosos camiños de castiñeiros e carballos lémbrannos que.. read more →

Festa do Outono

Novembro 12, 2014
0 Comment

Dende o PACC queremos convidarvos a celebrar connosco a Festa do Outono; unha xornada con actividades pensadas para o desfrute de todos os públicos que, como non podería ser menos, irá acompañada dun dos manxares máis saborosos e con mellor recendo do outono: as castañas asadas. A Festa do Outono dará comezo ás 15.00h, cunha.. read more →

Curioseando na cultura castrexa: a caetra (II)

Novembro 11, 2014
0 Comment

A pesar dos tempos que vivimos, a moeda, chámese euro, peseta ou real, é o medio de pagamento máis común dende que temos memoria. Agora ben, se pensamos na cultura castrexa e no día a día dos habitantes dos castros; como farían para saldar as débedas ou para mercar os novidosos produtos que viñan do.. read more →

Terra de mouros, terra de tesouros. O imaxinario popular na cultura castrexa

Outubro 23, 2014
0 Comment

Os mouros e mouras están presentes na nosa toponimia; de feito, seguro que moitos de nós escoitamos falar algunha vez da Pedra da Moura ou do Forno dos Mouros. Preto das nosas aldeas atopamos penedos, outeiros e fontes, ou incluso castros e mámoas que parecen ser propiedade destes seres míticos. Quen son e por que.. read more →

Curioseando na cultura castrexa: a caetra (I)

Outubro 16, 2014
0 Comment

Espertar a curiosidade, o afán de saber, de aprender e de coñecer cousas novas é un obxectivo que nos propoñemos día a día no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa. A caetra é un deses elementos que chama a atención dos visitantes; nada máis escoitar o seu nome, de seguido comezan a xurdir as preguntas e.. read more →

D.O. O Ribeiro: San Cibrao de Las e a cultura do viño na época castrexa

Outubro 9, 2014
0 Comment

Situada no bordo noroccidental da provincia de Ourense, na confluencia de vales e ríos, protexida por barreiras naturais, levantada sobre un solo de natureza granítica… de que estamos a falar? Seguramente a primeira resposta que nos ven á mente sexa a “Cidade” de Las, pero se esprememos un pouco máis os miolos daremos con outra.. read more →

O noroeste peninsular, territorio galaico e marco da cultura castrexa

Setembro 30, 2014
0 Comment

O cabo Nerion (Finisterre), o río Lethes (Limia), o Minion (Miño), o Porto dos Ártabros (as Mariñas Coruñesas)…son algúns dos elementos naturais que mencionaron os xeógrafos antigos cando escribiron sobre a terra situada ao outro lado do Douro. Este territorio, o dos galaicos, é o espazo xeográfico no que se desenvolve a cultura castrexa. As.. read more →