Obradoiros
Os obradoiros constitúen o complemento ideal da visita ao Parque e contribúen a coñecer a cultura castrexa dun xeito activo e ameno. Con eles preténdese achegar ao visitante á vida cotiá destas sociedades, combinando a parte didáctica coa lúdica e experimental. Todos os talleres, de aproximadamente unha hora de duración, están adaptados a cada tipo de grupo (mínimo 4 persoas).
Para tomar parte nalgún dos obradoiros cómpre facer reserva previa no teléfono 988 267 285 ou no correo electrónico reservas@pacc.es
Érase unha vez un grupo de nenas e nenos aventureir@s que foron de excursión a Lansbrica, unha antiga cidade na que vive a deusa castrexa Nabia, gardiá de lendas e misterios…
Unha pouca auga, uns grans de sal, fariña de landras, o forno quente e…Voilà, todo preparado! Só nos faltas ti, un bo cociñeiro que amase e prepare o saboroso pan de landras polo que devecían os castrexos.
Estás buscando casa? En Quen vive aí? abrímosche as portas dunha típica vivenda castrexa. Dáte unha volta, pasa ata a cociña, acomódate no salón e colle ideas para construír a túa propia.
Desde que López Cuevillas escavou este castro, moitos foron os arqueólogos que se aventuraron a descubrir os segredos que agochaba. Convértete nun auténtico rastreator da Idade do Ferro desenterrando o pasado de Lansbrica.
Fabas, chícharos, verzas, coles… No noso horto hai moita variedade de legumes e hortalizas pero tamén moito traballo por facer: sachar, fertilizar, plantar, recoller, etc. Botádesnos unha man… ou dúas?
Se non che gusta a verdura só hai unha maneira de sobrevivir na Prehistoria… Cazando! Prepara as armas, afina a puntería ao máximo e fai diana; só así desfrutarás dun suculento manxar propio de guerreiros.
Non pode ser!!! Centos de romanos estanse a achegar á nosa cidade! Á presa, debemos avisar os demais membros da comunidade e prepararnos para o que poida acontecer. Necesitamos da túa axuda!!!
What’s up na Idade do Ferro? Centos de mensaxes escritas hai máis de 2000 anos chegaron ata nós. Trata de descifralas e ensinarémosche como crear o teu wassap para a posteridade.
Fixeron falta milleiros de anos de evolución para que a humanidade descubrira un dos segredos mellor gardados: o lume. Amosarémosche como producilo, pero na túa man estará evitar que se perda!
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Campamento de verán do 7 ao 31 do Xullo18 Xuñ 2020CAMPAMENTO DE VERÁN DO 7 OA 31 DE XULLO PARA NENAS E NENOS DE 6 A 14 ANOS O prazo de inscrición come...
AGARDÁMOSVOS A PARTIR DO VENRES 12 DE XUÑO09 Xuñ 2020Estaremos de martes a venres ata as 18:00h e durante as fins de semana ata as 20:00h. Lembrade que o...
PERSEIDAS 201911 Abr 2019PERSEIDAS 2019: Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!...