O Castro
O conxunto arqueolóxico de San Cibrao de Las destaca pola gran superficie que ocupa, aproximadamente unhas 10 hectáreas, e polo seu bo estado de conservación. Está situado no cruce dos ríos Miño e Barbantiño, unha situación idónea que ofrece a vantaxe do amplo dominio visual sobre o territorio circundante.
Na súa morfoloxía xeral destaca a existencia de dous recintos amurallados: a “croa” ou recinto superior e o recinto inferior, de maior superficie e onde se sitúa a zona destinada ás vivendas dentro do xacemento. O poboado atópase rodeado dun forte sistema defensivo, formado por sólidas liñas de murallas, un foxo e parapetos.
É un castro representativo da etapa final da cultura castrexa, estivo habitado desde o s. II a.C. ata o s. II d.C., existindo ocupacións residuais durante os s. III e IV d.C. Visitalo permite facernos unha idea de como sería a vida hai 2000 anos no noroeste peninsular.
O Castro
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Bo Nadal e Feliz Aninovo20 Dec 2021Cos nosos mellores desexos… Bo Nadal e Feliz Aninovo...
Actividades Pacc Lansbrica03 Dec 2021...
Camina pola igualdade03 Dec 2021...