Blog Escavacións 2016

LIMPEZA E DOCUMENTACIÓN DOS MATERIAIS

Decembro 1, 2016
0 Comment

Outra das fases do traballo arqueolóxico é a limpeza e documentación dos obxectos exhumados. Unha parte do equipo traballa no laboratorio do centro de interpretación do PACC, lavando e limpando cada peza para despois rexistrar as súas características principais no ordenador. Algúns dos obxectos en pedra máis abundantes son os muíños, que unha vez limpos.. read more →

UNHA EXPERIENCIA DO MÁIS DIDÁCTICA!

Novembro 29, 2016
0 Comment

Unha das cousas que máis queremos destacar deste proxecto de intervención é a gran cantidade de visitas escolares que recibimos durante estas semanas. É por elo que estamos moi contentos cos resultados da nova campaña de escavación arqueolóxica, xa que ademais da terra afóndase no labor de divulgación que leva a cabo o PACC dende.. read more →

TRABALLOS DE DOCUMENTACIÓN!

Novembro 25, 2016
0 Comment

A escavación arqueolóxica é un proceso onde é preciso realizar diariamente toda unha serie de accións importantísimas para o resultado final da mesma. Deste feito, a sucesiva escavación dos niveis require rexistrar de modo exhaustivo nun diario todo o que proporciona este desenterramento, tanto as estruturas como os obxectos, materiais, etcétera. E por suposto, este.. read more →

RESTAURACIÓN E CONSOLIDACIÓN DAS ESTRUTURAS

Novembro 23, 2016
0 Comment

A piques de rematar o traballo de escavación arqueolóxica, os traballos céntranse principalmente na restauración e consolidación das estruturas, ademais do labor no laboratorio cos obxectos e materiais exhumados. Nos últimos días foi escavado un novo treito da cimentación da muralla da croa, polo que foi necesario continuar cos traballos de “anastilosis” ou reconstrución para.. read more →

RESTAURANDO BRONCES!

Novembro 21, 2016
0 Comment

Outra das fases do traballo arqueolóxico é, no caso dos metais, a limpeza e estabilización dos mesmos. Esta fase é tan importante como as demais, xa que unha vez exhumados, os ferros e os bronces continúan a súa degradación en forma de corrosión. É fundamental a súa estabilización e eliminar as sales e cloruros especialmente… read more →

TRABALLO DE LABORATORIO

Novembro 18, 2016
0 Comment

Como xa sabedes por outros post, non todo é darlle ao paletín no castro, senón que tamén nos debemos aos escolares que nos visitan, que son unha parte destacada e protagonista do proxecto de intervención e consolidación arqueolóxica do castro de San Cibrao de Las. E andamos moi satisfeitos da acollida que está tendo a.. read more →

AUGA QUE NON É DE BEBER, DÉIXAA CORRER …

Novembro 17, 2016
0 Comment

A escavación en marcha está deixando ao descuberto numerosas estruturas moi interesantes e especiais, que permiten a definición e a análise da organización do espazo doméstico do poboado de San Cibrao de Las. A que hoxe vos amosamos correspóndese cun complexo sistema de evacuación da auga de choiva moi ben planificado, atopado na zona interior.. read more →

AO CARÓN DA LAREIRA

Novembro 14, 2016
0 Comment

Das distintas dependencias nas que se estrutura as vivendas do castro de San Cibrao de Las destaca o espazo da cociña, neste caso construída con maior coidado e de forma exenta e circular. Na escavación do interior da cociña da área 50 apareceron multitude de restos asociados á manipulación de alimentos como vaixela para cociñar,.. read more →

UNHA CERIMONIA COTIÁ NA ESCAVACIÓN!

Novembro 11, 2016
0 Comment

Polo visto os castrexos tiñan moi claro o proceso da transformación da semente do cereal nun rico alimento. Aprendérono dos seus antepasados, pero mellorárono e optimizárono coa incorporación do muíño circular, que permitiu unha maior produción con menor esforzo. E foi tal o seu éxito, que na escavación arqueolóxica do castro de Las, nuns poucos.. read more →

METAIS PRECIOSOS!

Novembro 9, 2016
0 Comment

Entre os materiais máis senlleiros e de maior interese arqueolóxico en bronce ou ferro aparecidos ata o momento na actual campaña de escavación arqueolóxica do castro de San Cibrao de Las, podemos diferenciar os obxectos ou elementos da vestimenta, e os que entrarían na categoría de ferramenta ou útiles de traballo. Entre os primeiros destacar.. read more →