
RESTAURACIÓN E CONSOLIDACIÓN DAS ESTRUTURAS
A piques de rematar o traballo de escavación arqueolóxica, os traballos céntranse principalmente na restauración e consolidación das estruturas, ademais do labor no laboratorio cos obxectos e materiais exhumados.
Nos últimos días foi escavado un novo treito da cimentación da muralla da croa, polo que foi necesario continuar cos traballos de “anastilosis” ou reconstrución para recuperar o trazado orixinal do paramento.
Nas imaxes podedes observar a Tuti e Cris en plena tarefa para deixar ben definida esta espectacular estrutura do castro de San Cibrao de Las.
TERRA ARQUEOS
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Campamento de verán do 7 ao 31 do Xullo18 Xuñ 2020CAMPAMENTO DE VERÁN DO 7 OA 31 DE XULLO PARA NENAS E NENOS DE 6 A 14 ANOS O prazo de inscrición come...
AGARDÁMOSVOS A PARTIR DO VENRES 12 DE XUÑO09 Xuñ 2020Estaremos de martes a venres ata as 18:00h e durante as fins de semana ata as 20:00h. Lembrade que o...
PERSEIDAS 201911 Abr 2019PERSEIDAS 2019: Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!...