AO CARÓN DA LAREIRA

November 14, 2016
0 Comment

excavacion

Das distintas dependencias nas que se estrutura as vivendas do castro de San Cibrao de Las destaca o espazo da cociña, neste caso construída con maior coidado e de forma exenta e circular. Na escavación do interior da cociña da área 50 apareceron multitude de restos asociados á manipulación de alimentos como vaixela para cociñar, muíños, morteiros, cantos rodados, obxectos de bronce e ferro … e por suposto, o lar, fonte de iluminación e de calor.

Nestes días típicos de outono e magostos con choivas e intensas brétemas, onde o que máis apetece é quentarse nun bo lume, non deixamos de imaxinar aos castrexos de Las facendo o mesmo ao carón da súa lareira.

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

img_3554

img_3567