METAIS PRECIOSOS!

Novembro 9, 2016
0 Comment

excavacion

Entre os materiais máis senlleiros e de maior interese arqueolóxico en bronce ou ferro aparecidos ata o momento na actual campaña de escavación arqueolóxica do castro de San Cibrao de Las, podemos diferenciar os obxectos ou elementos da vestimenta, e os que entrarían na categoría de ferramenta ou útiles de traballo.

Entre os primeiros destacar a aparición de varias fíbulas en omega, agullas e un prendedor para o pelo ou acus crinalis. Nas campañas de escavación pasadas este tipo de elementos de bronce son bastantes frecuentes neste castro.

Por outra banda, na categoría de ferramenta podemos sinalar entre outros a aparición de restos dunha fouce, unha piqueta e un machado de ferro, elementos difíciles de atopar na maioría das escavacións.

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

dscn0688

dscn1279-copia

20161107_120522