
LIMPEZA E DOCUMENTACIÓN DOS MATERIAIS
Outra das fases do traballo arqueolóxico é a limpeza e documentación dos obxectos exhumados. Unha parte do equipo traballa no laboratorio do centro de interpretación do PACC, lavando e limpando cada peza para despois rexistrar as súas características principais no ordenador. Algúns dos obxectos en pedra máis abundantes son os muíños, que unha vez limpos e inventariados teñen que ser debuxados e fotografiados.
Son moitas as pezas recuperadas durante estas semanas de escavación, polo que o traballo de laboratorio, aínda que menos coñecido, constitúe unha fase igual de importante que as demais para o resultado final da investigación.
TERRA ARQUEOS
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Campamento de verán do 7 ao 31 do Xullo18 Xuñ 2020CAMPAMENTO DE VERÁN DO 7 OA 31 DE XULLO PARA NENAS E NENOS DE 6 A 14 ANOS O prazo de inscrición come...
AGARDÁMOSVOS A PARTIR DO VENRES 12 DE XUÑO09 Xuñ 2020Estaremos de martes a venres ata as 18:00h e durante as fins de semana ata as 20:00h. Lembrade que o...
PERSEIDAS 201911 Abr 2019PERSEIDAS 2019: Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!...