PERSEIDAS 2019

Abril 11, 2019
0 Comment

PERSEIDAS 2019: Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa! Devecemos por anunciarvos que o vindeiro sábado 10 de agosto celebramos a sexta edición da Noite das Perseidas, unha experiencia para descubrir e sentir a maxia de Lansbrica: unha cidade sen igual que de seguro vos conquistará. Como novidade, este ano.. read more →

ANIVERSARIO PACC

Marzo 14, 2019
0 Comment

V ANIVERSARIO PACC Un ano máis celebramos o Aniversario do PACC Lansbrica e con este xa van cinco! Un lustro cheo de bos recordos e momentos inesquecibles na vosa compaña. Desta volta, preparamos para o sábado 23 de marzo unha xornada especial, repleta de actividades e pensada para o desfrute de todos os que vos.. read more →

O PARQUE D@S NEN@S

Setembro 21, 2018
0 Comment

Queres preparar a visita do teu grupo escolar ao Parque Arqueolóxico? Buscas recursos didácticos para traballar na aula sobre a cultura castrexa? Necesitas información para preparar un traballo ou ampliar os contidos vistos na clase? Este é o teu lugar! O Parque d@s Nen@s é un espazo interactivo e de aprendizaxe onde poderás traballar contidos.. read more →

UNHA NOITE ENTRE AS ESTRELAS

Maio 7, 2018
0 Comment

PERSEIDAS 2018: UNHA NOITE ENTRE AS ESTRELAS Temos o enorme pracer de anunciarvos que o sábado 11 de agosto celebramos a V Noite das Perseidas no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa! Convidámosvos a gozar unha vez máis dunha noite máxica, unha viaxe ao noso pasado máis remoto a través das emocións e os sentidos. Unha.. read more →

SEMANA SANTA 2018

Marzo 22, 2018
0 Comment

SEMANA SANTA 2018 Dende o xoves 29 de marzo ata o domingo 1 de abril, coincidindo coa festividade da Semana Santa, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa ofrece aos seus visitantes un programa de actividades do máis completo: Visitas guiadas ao castro de San Cibrao de Las: un interesante percorrido polas rúas da vella Lansbrica.. read more →

IV ANIVERSARIO DO PACC

Marzo 2, 2018
0 Comment

IV ANIVERSARIO DO PACC Estamos encantados de anunciarvos que o vindeiro sábado 10 de marzo celebramos un ano máis xunto a vós! Co fin de festexar o noso IV Aniversario, temos preparada unha chea de actividades que agardamos sexan do voso interese e desfrute. O programa de actividades previsto inclúe visitas guiadas á excepcional Cidá.. read more →

A NOITE DAS PERSEIDAS 2017

Xullo 25, 2017
0 Comment

Un ano máis, coincidindo co fenómeno astronómico das Perseidas, no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa témolo todo preparado para desfrutar convosco dunha noite noite máxica entre as estrelas. Esta actividade tan especial terá lugar a noite do sábado 5 de agosto, data na que astronomía e arqueoloxía se mesturan en perfecta harmonía baixo a atenta.. read more →

SEMANA SANTA 2017

Marzo 31, 2017
0 Comment

SEMANA SANTA 2017 Dende o xoves 13 ata o domingo 16 de abril, coincidindo cos días de festa da Semana Santa, os visitantes que decidades achegarvos ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa poderedes participar de forma gratuíta nas visitas guiadas ao castro de San Cibrao de Las. O horario de saída das diferentes visitas será.. read more →

III ANIVERSARIO DO PACC

Marzo 8, 2017
0 Comment

III ANIVERSARIO DO PACC Un ano máis, co fin de celebrar o noso III Aniversario, dende o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa anunciamos un atractivo programa de actividades pensado para o desfrute de todos os visitantes que se acheguen ao Parque o vindeiro sábado 11 de marzo. O programa de actividades inclúe visitas guiadas ao.. read more →

LIMPEZA E DOCUMENTACIÓN DOS MATERIAIS

Decembro 1, 2016
0 Comment

Outra das fases do traballo arqueolóxico é a limpeza e documentación dos obxectos exhumados. Unha parte do equipo traballa no laboratorio do centro de interpretación do PACC, lavando e limpando cada peza para despois rexistrar as súas características principais no ordenador. Algúns dos obxectos en pedra máis abundantes son os muíños, que unha vez limpos.. read more →