
SEMANA SANTA 2018
SEMANA SANTA 2018
Dende o xoves 29 de marzo ata o domingo 1 de abril, coincidindo coa festividade da Semana Santa, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa ofrece aos seus visitantes un programa de actividades do máis completo:
- Visitas guiadas ao castro de San Cibrao de Las: un interesante percorrido polas rúas da vella Lansbrica e os seus recunchos máis fascinantes (tódolos días ás 12:30h, 17:00h e 18:30h).
- Visitas guiadas á exposición estable: unha achega visual e moi didáctica á vida dos nosos antepasados da Idade do Ferro (tódolos días ás 12:00h e 16:30h).
- Laboratorio do tempo (venres ás 16:00h): unha viaxe ás orixes, á realidade do mundo galaico, dende a experimentación e a interpretación do coñecemento histórico.
- Exhibicións (13:30h) e obradoiros para todos os públicos (venres e sábado ás 17:00h): a nosa prehistoria recente feita experiencia, son o complemento ideal da visita ao castro e á exposición.
- Actividades infantís (xoves e sábado ás 16:00h): unha boa oportunidade para que @s cativ@s esperten a súa curiosidade pola cultura castrexa e aprendan como máis lles gusta…xogando!
As actividades programadas son gratuítas coa entrada ao Parque, excepto os talleres de caza e lume que teñen un custo a maiores de 2€ por persoa.
Todas elas teñen aforo limitado, polo que recomendamos reservar previamente no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es.
Lembrade que, de xoves a domingo, o Parque Arqueolóxico amplía o seu horario habitual: abrimos de 10:00h a 20:00h, de xeito ininterrompido.
Esperámosvos!
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Campamento de verán do 7 ao 31 do Xullo18 Xuñ 2020CAMPAMENTO DE VERÁN DO 7 OA 31 DE XULLO PARA NENAS E NENOS DE 6 A 14 ANOS O prazo de inscrición come...
AGARDÁMOSVOS A PARTIR DO VENRES 12 DE XUÑO09 Xuñ 2020Estaremos de martes a venres ata as 18:00h e durante as fins de semana ata as 20:00h. Lembrade que o...
PERSEIDAS 201911 Abr 2019PERSEIDAS 2019: Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!...