Arquitectura
O edificio que hoxe acolle o Centro de Interpretación do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa resultou ser a proposta gañadora do concurso público convocado polos concellos de San Amaro e Punxín, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Deputación Provincial de Ourense para a construción de dito centro.
Esta proposta, que concorreu baixo o lema ZN, é obra dos arquitectos Ángeles Santos, Carmen Ruiz e José Carlos Martínez.
O Centro de Interpretación , que conta cunha superficie de máis de 2900m2, actúa como un límite físico, como unha nova entrada ao xacemento que, á súa vez, exerce como pantalla visual trala que se esconde a realidade arqueolóxica.
A planta baixa do edificio alberga a recepción, as salas de exposición, as aulas, os almacéns, a sala de investigadores, o restaurante e a tenda. Na parte superior sitúanse as oficinas e a biblioteca.
Buscar no sitio web
Próximos eventos
- Bo Nadal e Feliz Aninovo20 Dec 2021Cos nosos mellores desexos… Bo Nadal e Feliz Aninovo...
- Actividades Pacc Lansbrica03 Dec 2021...
- Camina pola igualdade03 Dec 2021...