Zona escolar
No Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa LANSBRICA (PACC) somos conscientes de que a evolución da pandemia COVID-19 na actualidade dificulta, por non dicir imposibilita, a realización de saídas fóra do recinto escolar; non obstante, cremos firmemente que esta situación non pode nin debe ser un impedimento para coñecer e desfrutar de lugares tan extraordinarios e emblemáticos como o castro de San Cibrao de Las.
Por este motivo, queremos facervos chegar todas as posibilidades que vos ofrecemos para este curso escolar:
- SE NOS CONVIDAS…FACEMOS AS MALETAS! Con destino ao voso centro escolar. O noso equipo de guías, visitará o voso centro escolar cargado cunha chea de experiencias
- A Cidá de Las a vista de paxaro: un espectacular voo 360º que nos permitirá realizar, co voso alumnado, un percorrido guiado interactivo a un xacemento arqueolóxico único no noso territorio: o castro de San Cibrao de Las.
- Exhibicións, actividades temáticas e mostras de materiais: adecuadas á “nova normalidade” e ao protocolo específico do voso centro educativo.
-
UNHA VIAXE ÁS ORIXES: BENVID@S Á CIDÁ! No PACC contamos cun Plan de Adaptación fronte ao COVID-19 que nos permite seguir coa nosa oferta habitual de actividades (visitas guiadas, obradoiros e exhibicións) garantindo a máxima seguridade durante a visita.
Este programa básico pode combinarse coa realización dalgún dos nosos obradoiros que, dun xeito máis participativo, complementarán a visita ao Parque Arqueolóxico. A visita á exposición e ao castro, xunto cos obradoiros, estarán deseñados e adaptados en función das necesidades e especificidades de cada grupo escolar.
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Campamento de verán do 7 ao 31 do Xullo18 Xuñ 2020CAMPAMENTO DE VERÁN DO 7 OA 31 DE XULLO PARA NENAS E NENOS DE 6 A 14 ANOS O prazo de inscrición come...
AGARDÁMOSVOS A PARTIR DO VENRES 12 DE XUÑO09 Xuñ 2020Estaremos de martes a venres ata as 18:00h e durante as fins de semana ata as 20:00h. Lembrade que o...
PERSEIDAS 201911 Abr 2019PERSEIDAS 2019: Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!...