O PARQUE D@S NEN@S

September 21, 2018
0 Comment

Queres preparar a visita do teu grupo escolar ao Parque Arqueolóxico? Buscas recursos didácticos para traballar na aula sobre a cultura castrexa? Necesitas información para preparar un traballo ou ampliar os contidos vistos na clase? Este é o teu lugar!
O Parque d@s Nen@s é un espazo interactivo e de aprendizaxe onde poderás traballar contidos e preparar a visita, pero tamén onde esperamos que compartas as experiencias vividas polo teu grupo no Parque Arqueolóxico.
Este blog escolar está orientado especialmente a vós, docentes, pero tamén a pais e nais e a alumn@s de tódalas etapas educativas. Xorde como unha ferramenta educativa á vosa disposición, pero tamén como un espazo onde poder expresarvos e publicar materiais, vivencias e actividades.
Agardámosvos!!