
IV ANIVERSARIO DO PACC
IV ANIVERSARIO DO PACC
Estamos encantados de anunciarvos que o vindeiro sábado 10 de marzo celebramos un ano máis xunto a vós! Co fin de festexar o noso IV Aniversario, temos preparada unha chea de actividades que agardamos sexan do voso interese e desfrute.
O programa de actividades previsto inclúe visitas guiadas á excepcional Cidá de Las e á exposición estable do centro de interpretación – en ámbolos casos a cargo de guías especializados-. Ademais, este ano incorporamos unha novidade: Experimenta Lansbrica, unha aproximación á recreación histórica da man de Paco Boluda e Xabier Bobillo. Participa no seu “laboratorio do tempo” e coñece a realidade do mundo galaico dende a experimentación e a interpretación do coñecemento histórico. Alén do anterior, os pequenos e pequenas da casa teredes ocasión de participar en dous entretidos obradoiros: Agricultores e gandeiros e Científic@s do pasado, ambos dirixidos a nen@s de entre 5 e 12 anos.
No que respecta aos horarios das diferentes actividades, haberá visitas guiadas ao castro de San Cibrao de Las ás 12:00h e ás 18.30h, mentres que as visitas á exposición estable terán lugar ás 11:30h e ás 18:30h. Para a actividade “O laboratorio do tempo” haberá dous pases, un ás 13:00h e outro ás 16:30h. Finalmente, os obradoiros infantís están programados para as 11:00h e as 17:30h.
Todas estas actividades son de balde coa entrada ao Parque e teñen aforo limitado, polo que recomendamos reservar previamente no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es.
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Bo Nadal e Feliz Aninovo20 Dec 2021Cos nosos mellores desexos… Bo Nadal e Feliz Aninovo...
Actividades Pacc Lansbrica03 Dec 2021...
Camina pola igualdade03 Dec 2021...