
NOVOS COLEXIOS!
Continúa a divulgación do noso patrimonio a través das visitas escolares á escavación arqueolóxica. É unha ocasión única que permite o achegamento dos rapaces de forma directa ao fascinante mundo da arqueoloxía. Por outra banda, as explicacións dos arqueólogos e a visualización in situ dos materiais e as novas estruturas descubertas, ofrécelles aos rapaces unha.. read more →

SOBRE OS RECENTES ACHADOS
Na imaxe pódese observar como o responsable de restauración do equipo, Miguel, debuxa as últimas pezas descubertas na área 50 da escavación. Constitúen unha mestura entre expresión artística e elementos decorativos-construtivos. Trátase dunha escultura antropomorfa en granito e unha decoración en tríscele (hexásceles), recentemente exhumada, ambos os dous para encastrar no muro como elemento decorativo.. read more →

COMEZA A CONSOLIDACIÓN DAS ESTRUTURAS
Esta semana comezaron as labores de restauración e consolidación dalghunas estruturas aproveitando o bo tempo de Ourense. Este tipo de traballos soamente pódense realizar en zonas moi concretas, en espazos xa totalmente escavados como por exemplo a rúa que sube dende a rolda inferior á superior. As dúas ou tres fiadas engadidas teñen o obxecto.. read more →

UN EQUIPO, UN OBXECTIVO
Hoxe non queremos falarvos sobre estruturas, os novos achados, as tarefas de laboratorio, os escolares ou a restauración…hoxe poñemos o foco nas persoas que traballan na actual campaña arqueolóxica. Moitas delas non se coñecían, pero co paso dos días, o esforzo, o traballo en equipo, a ilusión que produce ver como o choio avanza e.. read more →

SORPRESA!
A escena sucedeu o pasado venres, o escenario, o interior dunha estancia da área 50, unha estrutura na que xa estábamos preto do nivel do chan. E por elo que fumos dándolle a modo ao paletín na procura do pavimento, baixando pouco a pouco, moi atentos ás cores e a textura da terra. E no.. read more →

ANASTILOSIS!
Hoxe queremos ensinarvos a través dunha secuencia de imaxes o traballo de restauración que fixemos na parte superior da escavación. A primeira fotografía correspóndese cun treito da cimentación da muralla da croa, onde vense algúns grandes bloques de granito caídos. Na vindeira imaxe vese a Miguel e Champi durante o proceso de “anastilosis” ou reconstrución.. read more →

LABORATORIO CASTREXO
As visitas de grupos escolares nos encantan e son unha parte moi importante do proxecto de intervención e consolidación arqueolóxica do castro de San Cibrao de Las. Por iso, ademais de coñecer o castro e o proceso da escavación en directo, a actividade Laboratorio castrexo pretende que os rapaces e as rapazas comprendan a cara.. read more →

MÁIS ESCOLARES!
Como podedes observar nas fotografías, onte tivemos máis visitas de escolares, os rapaces e as rapazas do Colexio Sagrado Corazón de Celanova, que fixeron unha viaxe pola nosa historia no PACC, experimentando en vivo como se escribe esta a partir dun proceso de escavación e consolidación arqueolóxica. A divulgación dos resultados é unha parte fundamental.. read more →

RESTAURACIÓN!
RESTAURACIÓN! Un dos últimos achados é unha peza de ferro extraída fai uns días na área 51 da escavación, tal como vedes na primeira imaxe. Cómpre ter en conta que un bo número de obxectos e materiais non saen á luz coas mellores galas, éo que ten estar soterrados tantos anos, polo que é preciso.. read more →

A PAISAXE QUE NOS ENVOLVE!
A PAISAXE QUE NOS ENVOLVE! Moitos días lembramos a unha das nosas grandes figuras no estudo da prehistoria galega, Florentino López Cuevillas, que ficou tan namorado das intensas néboas ourensáns que comentaba con fina ironía que debíamos estar “unha miga orgullosos, pois sempre é bó ter algo que os demais non teñen”. Non temos moi.. read more →
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Bo Nadal e Feliz Aninovo20 Dec 2021Cos nosos mellores desexos… Bo Nadal e Feliz Aninovo...
Actividades Pacc Lansbrica03 Dec 2021...
Camina pola igualdade03 Dec 2021...