III ANIVERSARIO DO PACC

Marzo 8, 2017
0 Comment

III ANIVERSARIO DO PACC

Un ano máis, co fin de celebrar o noso III Aniversario, dende o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa anunciamos un atractivo programa de actividades pensado para o desfrute de todos os visitantes que se acheguen ao Parque o vindeiro sábado 11 de marzo.

O programa de actividades inclúe visitas guiadas ao emblemático castro de San Cibrao de Las e á exposición estable do centro de interpretación, en ámbolos casos da man de guías especializados. Ademais, haberá exhibicións nas que os monitores darán a coñecer a importancia dos cereais e o seu procesado na Idade do Ferro, así como a orixe do lume e as diferentes técnicas que se empregaron para a súa produción ao longo da Prehistoria. A maiores, os máis pequenos da casa tamén poderán participar en dúas actividades pensadas especificamente para eles: Pequen@s arqueólog@s e O clan do xefe Reburrinus, ambas dirixidas a nen@s de entre 5 e 14 anos.

A entrada ao Parque terá un custo de 3€, mentres que para os menores de 14 anos será gratuíta. Todas as actividades son de balde e teñen aforo limitado, polo que recomendamos reservar no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es.