
UNHA NOITE ENTRE AS ESTRELAS
PERSEIDAS 2018:
UNHA NOITE ENTRE AS ESTRELAS
Temos o enorme pracer de anunciarvos que o sábado 11 de agosto celebramos a V Noite das Perseidas no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!
Convidámosvos a gozar unha vez máis dunha noite máxica, unha viaxe ao noso pasado máis remoto a través das emocións e os sentidos. Unha experiencia digna de recordo onde os sons, a gastronomía, a paisaxe e as estrelas nos transportarán á vida dos nosos antepasados da Idade do Ferro.
Así, ás 20:00h, o musicólogo Abraham Cupeiro achegaranos á parte máis íntima e humana dos instrumentos de vento, que nos acompañan desde tempos inmemoriais. Resoando no pasado é un concerto pedagóxico no que conflúen arqueoloxía, investigación e interpretación musical a partes iguais.
Ás 21:30h, aqueles que así o desexedes, poderedes desfrutar dunha cea temática no interior do castro de San Cibrao de Las, un apetitoso menú elaborado para os máis exquisitos padais castrexos.
A partir das 23:00h teredes ocasión de participar nun percorrido guiado polas rúas da antiga Lansbrica, sempre impoñente baixo o ceo estrelado de verán.
Finalmente, a velada rematará coa actividade de observación e explicación do ceo nocturno desde o xacemento, a cargo da Asociación Astronómica de Ourense (AAO).
Unha noite entre as estrelas é unha oportunidade magnífica para coñecer o castro de San Cibrao de Las dun xeito diferente.
Lembrade que é necesario reservar previamente, xa que o aforo é limitado.
Máis información no 988 267 285 ou en info@pacc.es.
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Campamento de verán do 7 ao 31 do Xullo18 Xuñ 2020CAMPAMENTO DE VERÁN DO 7 OA 31 DE XULLO PARA NENAS E NENOS DE 6 A 14 ANOS O prazo de inscrición come...
AGARDÁMOSVOS A PARTIR DO VENRES 12 DE XUÑO09 Xuñ 2020Estaremos de martes a venres ata as 18:00h e durante as fins de semana ata as 20:00h. Lembrade que o...
PERSEIDAS 201911 Abr 2019PERSEIDAS 2019: Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!...