
UNHA EXPERIENCIA DO MÁIS DIDÁCTICA!
Unha das cousas que máis queremos destacar deste proxecto de intervención é a gran cantidade de visitas escolares que recibimos durante estas semanas. É por elo que estamos moi contentos cos resultados da nova campaña de escavación arqueolóxica, xa que ademais da terra afóndase no labor de divulgación que leva a cabo o PACC dende a súa apertura. Deste xeito os novos obxectos e as novas vivendas descubertas continúan aportando valor ao castro, permitindo que as visitas sexan unha experiencia do máis didáctica. Os estudantes obteñen no seu paso pola escavación unha mellor comprensión do castro e do proceso arqueolóxico e, por suposto, achéganse á arqueoloxía en primeira persoa, moitos deles por primeira vez.
Cada visita convértese nun momento especial, e se fai algúns días as raiolas de sol eran as protagonistas, agora ou chove a cachón ou o castro anda agochado baixo unha intensa néboa destes intres do outono, convertendo a escavación e o poboado de Las nun lugar “máxico” para os rapaces e as rapazas.
TERRA ARQUEOS
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Bo Nadal e Feliz Aninovo20 Dec 2021Cos nosos mellores desexos… Bo Nadal e Feliz Aninovo...
Actividades Pacc Lansbrica03 Dec 2021...
Camina pola igualdade03 Dec 2021...