Festa do Outono

November 12, 2014
0 Comment

Dende o PACC queremos convidarvos a celebrar connosco a Festa do Outono; unha xornada con actividades pensadas para o desfrute de todos os públicos que, como non podería ser menos, irá acompañada dun dos manxares máis saborosos e con mellor recendo do outono: as castañas asadas.

A Festa do Outono dará comezo ás 15.00h, cunha Xornada de Portas Abertas na que os visitantes terán acceso libre ao Centro de Interpretación e ao castro de San Cibrao de Las. A partir das 16:00h empezarán as actividades coas exhibicións e os obradoiros. Para rematar a xornada festexaremos xuntos O MAGOSTO.

Máis información en info@pacc.es ou no 988 267 285.