Blog

Programación Veran 2015
No Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa temos as pilas cargadas ao máximo despois da intensa e gratificante campaña escolar que acaba de rematar. A positividade e enerxía que nos transmiten os coles axúdanos, sen dúbida, a iniciar a tempada de verán con forza e, o máis importante, a desenvolver un programa de actividades completo, atractivo.. read more →

O último superviviente castrexo
Queres saber como sobrevivían na Idade do Ferro? Tes ganas de aprender e de pasalo ben? Ven vivir con nós a aventura do Último supervivente castrexo e desfruta do PACC en familia. Todas as fins de semana ás 17:00 realizaremos un divertido obradoiro para nen@s a partir de 8 anos (menores acompañados). Actividade gratuíta coa.. read more →

Teatro no parque con Teatro do Miolo
Dado que a predición meteorolóxica para a fin de semana non é a mellor para o óptimo desenvolvemento da visita teatralizada, vémonos na obriga de aprazar esta actividade ata o vindeiro 17 de maio. Lamentamos as molestias causadas. O domingo 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas coa actuación de Teatro do Miolo.. read more →

Semana Santa 2015 no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa
Achegámosvos a programación de Semana Santa 2015 no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa: visitas guiadas, exhibicións de lume e caza, un obradoiro para os máis pequenos… e moitas sorpresas para todas as idades! O sábado 4 de abril contaremos coa actuación de Teatro do Miolo, cos que viaxaremos á Idade do Ferro a través.. read more →

I Aniversario do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa.
O tempo pasa voando e xa logo fará un ano que o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa abriu as súas portas ao público. O vindeiro 8 de marzo cumprimos o noso primeiro aniversario e, con motivo deste acontecemento, queremos celebrar con vós esta data tan especial. Ao longo deste ano, o equipo que conformamos.. read more →

I Aniversario do PACC
O domingo 8 de marzo no PACC estamos de aniversario e queremos celebralo con vós! Unha celebración non é tal sen os seus convidados e por iso temos preparado un estupendo programa de actividades para toda a familia; de maneira que todos, maiores e pequenos, desfrutedes deste día de festa. Poderedes visitar a área.. read more →

A cultura castrexa na Idade de Ferro europea
O castro de San Cibrao de Las constitúe un dos mellores exemplos de xacementos arqueolóxicos da Idade do Ferro e aporta un valioso coñecemento para o estudo da cultura castrexa. Cando tratamos sobre ela, tendemos a marcar fronteiras tanto no tempo como no espazo, adoitamos parcelar e crear liñas imaxinarias que separan períodos e diferencian.. read more →

Os tellados sen tella de San Cibrao de Las… e se chove, que chova!
Nas visitas guiadas ao castro de San Cibrao de Las, fostes varios os que nos fixestes as seguintes preguntas: “como serían os teitos das casas? e se os facían de palla ou xesta non lles chovería dentro?”. Pois ben, parécenos que dado o tempo que fai estes días, con tanta choiva e frío, non estaría.. read more →

O Guerreiro de Lansbrica
Por Nabia! Que Bandua nos protexa! A estes e outros deuses pedirían axuda os guerreiros de Lansbrica antes do combate ou nun dos seus rituais. Achégate ao Parque a fin de semana do 21 e 22 de febreiro e descubre o misterioso mundo dos guerreiros castrexos. Ao longo do día haberá actividades para todos os.. read more →

Programación de Xaneiro
Tellas? Moedas? Autoestradas? Sixillata??? Están tolos estes romanos!!!! A de cousas que se lles tiveron que pasar pola cabeza aos castrexos cando chegaron os romanos con todas as súas modernidades…! Os días 24 e 25, a partir das 11.00h e coa entrada ao Parque, os visitantes que vos acheguedes ao PACC poderedes desfrutar da actividade.. read more →
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Campamento de verán do 7 ao 31 do Xullo18 Xuñ 2020CAMPAMENTO DE VERÁN DO 7 OA 31 DE XULLO PARA NENAS E NENOS DE 6 A 14 ANOS O prazo de inscrición come...
AGARDÁMOSVOS A PARTIR DO VENRES 12 DE XUÑO09 Xuñ 2020Estaremos de martes a venres ata as 18:00h e durante as fins de semana ata as 20:00h. Lembrade que o...
PERSEIDAS 201911 Abr 2019PERSEIDAS 2019: Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!...