
NOVOS COLEXIOS!
Continúa a divulgación do noso patrimonio a través das visitas escolares á escavación arqueolóxica. É unha ocasión única que permite o achegamento dos rapaces de forma directa ao fascinante mundo da arqueoloxía. Por outra banda, as explicacións dos arqueólogos e a visualización in situ dos materiais e as novas estruturas descubertas, ofrécelles aos rapaces unha mellor comprensión do poboado no resto do seu percorrido polo castro e o centro de interpretación do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa –PACC-.
Cada visita convértese nun momento especial que á cativada encántalle, sobre todo cando botan unha ollada ás pezas recen saídas da terra, actuando así a arqueoloxía coma ponte entre os materiais vellos do pasado e os “novos” de hoxe.
Nas imaxes algúns deses intres máxicos c@s alumn@s dos centros educativos de Viana do Bolo (Ourense), de Pobra de Trives (Ourense) e de Cangas (Pontevedra).
TERRA ARQUEOS
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Bo Nadal e Feliz Aninovo20 Dec 2021Cos nosos mellores desexos… Bo Nadal e Feliz Aninovo...
Actividades Pacc Lansbrica03 Dec 2021...
Camina pola igualdade03 Dec 2021...