
MÁIS ESCOLARES!
Como podedes observar nas fotografías, onte tivemos máis visitas de escolares, os rapaces e as rapazas do Colexio Sagrado Corazón de Celanova, que fixeron unha viaxe pola nosa historia no PACC, experimentando en vivo como se escribe esta a partir dun proceso de escavación e consolidación arqueolóxica.
A divulgación dos resultados é unha parte fundamental deste proxecto, polo que ata eles foi o noso compañeiro J.C. Carrasco para contarlles todo o relacionado coa escavación, ademais de amosarlles tamén as pezas máis interesantes que os arqueólogos e arqueólogas atoparon ata o momento.
TERRA ARQUEOS
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Bo Nadal e Feliz Aninovo20 Dec 2021Cos nosos mellores desexos… Bo Nadal e Feliz Aninovo...
Actividades Pacc Lansbrica03 Dec 2021...
Camina pola igualdade03 Dec 2021...