TRABALLOS DE DOCUMENTACIÓN!
A escavación arqueolóxica é un proceso onde é preciso realizar diariamente toda unha serie de accións importantísimas para o resultado final da mesma. Deste feito, a sucesiva escavación dos niveis require rexistrar de modo exhaustivo nun diario todo o que proporciona este desenterramento, tanto as estruturas como os obxectos, materiais, etcétera.
E por suposto, este rexistro ven acompañado coa documentación de todo o proceso a partir de vídeos, fotografías, planos ou debuxos para non perder detalle de nada, e ter completamente recollida toda a información necesaria para o estudo posterior do xacemento.
E nas imaxes podedes ver como Yolanda seguindo as rutinas diarias, toma medidas e debuxa as estruturas de fai case dous mil anos.
TERRA ARQUEOS
Buscar no sitio web
Próximos eventos
- Bo Nadal e Feliz Aninovo20 Dec 2021Cos nosos mellores desexos… Bo Nadal e Feliz Aninovo...
- Actividades Pacc Lansbrica03 Dec 2021...
- Camina pola igualdade03 Dec 2021...