O Castro

Mapa do percorrido polo castro cos principais fitos a visitarO conxunto arqueolóxico de San Cibrao de Las destaca pola gran superficie que ocupa, aproximadamente unhas 10 hectáreas, e polo seu bo estado de conservación. Está situado no cruce dos ríos Miño e Barbantiño, unha situación idónea que ofrece a vantaxe do amplo dominio visual sobre o territorio circundante.

Na súa morfoloxía xeral destaca a existencia de dous recintos amurallados: a “croa” ou recinto superior e o recinto inferior, de maior superficie e onde se sitúa a zona destinada ás vivendas dentro do xacemento. O poboado atópase rodeado dun forte sistema defensivo, formado por sólidas liñas de murallas, un foxo e parapetos.
É un castro representativo da etapa final da cultura castrexa, estivo habitado desde o s. II a.C. ata o s. II d.C., existindo ocupacións residuais durante os s. III e IV d.C. Visitalo permite facernos unha idea de como sería a vida hai 2000 anos no noroeste peninsular.

O Castro

Vista aérea parcial do castro