ANASTILOSIS!

Outubro 24, 2016
0 Comment

excavacion

Hoxe queremos ensinarvos a través dunha secuencia de imaxes o traballo de restauración que fixemos na parte superior da escavación.

A primeira fotografía correspóndese cun treito da cimentación da muralla da croa, onde vense algúns grandes bloques de granito caídos.

foto-1-anstilosis

Na vindeira imaxe vese a Miguel e Champi durante o proceso de “anastilosis” ou reconstrución para recuperar o trazado orixinal.

foto-2-anastilosis

Por último podedes observar como quedou este tramo do baseamento do recinto superior do castro unha vez rematada a intervención.

foto-3-anastilosis

Polo visto, estes castrexos de Las sabían construír con sólidos alicerces.

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube