UNHA VASILLA CASE ENTEIRA!

Novembro 7, 2016
0 Comment

excavacion

Estes días están sendo moi proveitosos e con moitos e importantes achados, xa que estamos escavando os niveis sobre o chan das diferentes estancias e estruturas da área 50.

Na escavación sorprendémonos cada día e danos a posibilidade de vivir unha experiencia arqueolóxica abraiante, como a que sucedeu fai uns días cando, trala retirada dunha nova capa de terra nunha zona próxima á rúa, apareceu o fondo dunha pequena ola de tipo castrexo.

E nas imaxes podedes ver como Yolanda, con emoción e coa súa ferramenta miúda, descubre o vaso case enteiro, tal e como quedou tralo abandono e derrube da construción fai case dous mil anos.

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

foto-1-v

foto-2-v

foto-4-v

foto-5-v