Unha Noite nas Estrelas

Xullo 24, 2015
0 Comment

UNHA NOITE NAS ESTRELAS

No Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa estamos preparando unha actividade especial para o día 8 de agosto. Coincidindo co fenómeno astronómico das Perseidas, máis coñecidas como as bágoas de San Lorenzo, gustaríanos compartir con vós unha noite baixo as estrelas de San Cibrao de Las.

Queremos repetir a estupenda experiencia que vivimos o ano pasado: visita guiada nocturna, cea e actividade de observación astronómica; un plan apetecible e distinto que só acontece unha vez ao ano…aproveitade! Ademais este agosto non temos superlúa, así que de seguro será máis doado desfrutar desta fermosa chuvia de meteoros.

A noite do sábado 8 de agosto, o castro de Las converterase de novo nun punto de observación astronómica coas mellores condicións: “0” contaminación lumínica, lonxe do núcleo urbano, cun horizonte amplo e libre de obstáculos.

Unha noite nas estrelas é unha oportunidade extraordinaria para ver a “Cidá” de Las dun xeito diferente. Esperámosvos! Iso si, lembrade que as prazas son limitadas e cómpre facer reserva previa (reservas@pacc.es ou 988 267 285).

Máis información no 988 267 285 ou en info@pacc.es.