ESCOLARES!

Outubro 10, 2016
0 Comment

ESCOLARES!

excavacion

Que veñen os escolares! Escoitouse de súpeto na escavación. E así foi, pois como podedes observar nas fotografías, a mañá do pasado xoves foi especial e intensa, xa que tivemos a visita da primeira excursión escolar. Rapaces e rapazas do Colexio Santo Angel de Ourense de terceiro da ESO divertíronse e gozaron como os que máis, pois por unhas horas deixaron atrás os seus libros e pupitres habituais, para mergullarse de cheo no fascinante mundo dunha escavación arqueolóxica en rigoroso directo.

E como comentarista de excepción a nosa compañeira Tuti, que con todo o aprecio e agarimo que os rapaces merecen abriulles as portas do corazón da escavación. E polo visto, tras un animado faladoiro cheo de interesantes preguntas, podemos dicir que case gozou tanto da visita como os verdadeiros protagonistas desta ….eles!

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

4-post