CAMPAÑA DE ESCAVACIÓNS 2016

Setembro 19, 2016
0 Comment

CAMPAÑA DE ESCAVACIÓNS 2016

No Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa estamos encantados de anunciarvos que volven as escavacións arqueolóxicas ao Castro de San Cibrao de Las e, con elas, a oportunidade de achegarse en primeira persoa ao apaixonante mundo da arqueoloxía.

Os traballos arqueolóxicos prolongaranse durante os meses de outubro e novembro. Durante este tempo teredes ocasión de participar en interesantes visitas guiadas ao xacemento e ás escavacións, así como de coñecer os segredos mellor gardados do traballo de laboratorio* que hai detrás de todo proceso de escavación. Todo elo, por suposto, contando coas explicacións in situ dos arqueólogos.

Se queres estar ao tanto do día a día das escavacións non o dubides e visítanos!

* Para participar na actividade de laboratorio cómpre reservar previamente no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es.

Máis información en info@pacc.es ou no 988 267 285.