Restaurante-Tenda

Un bo espazo para facer un alto na visita ao Parque ou para degustar saborosos pratos é o restaurante do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa que ofrece ademais unha terraza con inmellorables vistas ao Castro.

Dentro do propio restaurante poderá adquirir un recordo da súa visita no espazo dedicado á tenda, que contén unha gran variedade de obxectos de regalo.

En conxunto, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa convértese nun lugar idóneo para celebrar reunións familiares, de traballo ou de amigos.

Para máis información póñase en contacto co Centro no teléfono 988 788 856 ou no correo electrónico reservas@pacc.es.