Obradoiros

Os obradoiros constitúen o complemento ideal da visita ao Parque e contribúen a coñecer a cultura castrexa dun xeito activo e ameno. Con eles preténdese achegar ao visitante á vida cotiá destas sociedades, combinando a parte didáctica coa lúdica e experimental. Todos os talleres, de aproximadamente unha hora de duración, están adaptados a cada tipo de grupo (mínimo 4 persoas).
Para tomar parte nalgún dos obradoiros cómpre facer reserva previa no teléfono 988 788 856 ou no correo electrónico reservas@pacc.es

Obradoiros no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa “Érase unha vez…”

Érase unha vez un grupo de nenas e nenos aventureir@s que foron de excursión a Lansbrica, unha antiga cidade na que vive a deusa castrexa Nabia, gardiá de lendas e misterios…

Obradoiros no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa“Pan de landra”

Unha pouca auga, uns grans de sal, fariña de landras, o forno quente e…Voilà, todo preparado! Só nos faltas ti, un bo cociñeiro que amase e prepare o saboroso pan de landras polo que devecían os castrexos.

Obradoiros no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa“Quen vive aí?”

Estás buscando casa? En Quen vive aí? abrímosche as portas dunha típica vivenda castrexa. Dáte unha volta, pasa ata a cociña, acomódate no salón e colle ideas para construír a túa propia.

Obradoiros no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa“ArqueoLansbrica”

Desde que López Cuevillas escavou este castro, moitos foron os arqueólogos que se aventuraron a descubrir os segredos que agochaba. Convértete nun auténtico rastreator da Idade do Ferro desenterrando o pasado de Lansbrica.

Obradoiros no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa “Horticultura castrexa”

Fabas, chícharos, verzas, coles… No noso horto hai moita variedade de legumes e hortalizas pero tamén moito traballo por facer: sachar, fertilizar, plantar, recoller, etc. Botádesnos unha man… ou dúas?

Obradoiros no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa“Wild Lansbrica”

Se non che gusta a verdura só hai unha maneira de sobrevivir na Prehistoria… Cazando! Prepara as armas, afina a puntería ao máximo e fai diana; só así desfrutarás dun suculento manxar propio de guerreiros.

Obradoiros no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa“Deuses e guerreiros”

Non pode ser!!! Centos de romanos estanse a achegar á nosa cidade! Á presa, debemos avisar os demais membros da comunidade e prepararnos para o que poida acontecer. Necesitamos da túa axuda!!!

Obradoiros no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa “O segredo de Bandua”

What’s up na Idade do Ferro? Centos de mensaxes escritas hai máis de 2000 anos chegaron ata nós. Trata de descifralas e ensinarémosche como crear o teu wassap para a posteridade.

Obradoiros no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa“Nun chisco…un misto!”

Fixeron falta milleiros de anos de evolución para que a humanidade descubrira un dos segredos mellor gardados: o lume. Amosarémosche como producilo, pero na túa man estará evitar que se perda!