Xornada de Portas Abertas para o Profesorado

Setembro 22, 2015
0 Comment

Xornada de Portas Abertas para o Profesorado

No Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa estamos de estrea, iniciamos a campaña escolar 2015-2016 cun novo programa didáctico que queremos que coñezades de primeira man. Novos obradoiros e iniciativas que de seguro converterán a visita dos escolares ao Parque nunha experiencia diferente, divertida e certamente didáctica.

Para nós é un pracer convidar a todos os mestres e profesores o vindeiro 26 de setembro ás II Xornadas de Portas Abertas para o Profesorado que organiza o PACC, nelas coñeceredes de forma totalmente gratuíta o noso novo Programa Didáctico así como as instalacións do Parque.

Nestas xornadas poderedes probar todos os obradoiros que ofrecemos, así como participar nunha visita guiada ao castro e ao centro de interpretación; cremos que non hai mellor maneira de achegarse ao PACC que vivindo a experiencia.

Para asistir ás xornadas é necesaria a inscrición previa en reservas@pacc.es ou no 988 267 285.

Máis información no 988 267 285 ou en info@pacc.es.