Teatro no parque con Teatro do Miolo

April 20, 2015
0 Comment

Dado que a predición meteorolóxica para a fin de semana non é a mellor para o óptimo desenvolvemento da visita teatralizada, vémonos na obriga de aprazar esta actividade ata o vindeiro 17 de maio. Lamentamos as molestias causadas.

O domingo 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas coa actuación de Teatro do Miolo no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa. Un día de festa e de homenaxe á nosa cultura que queremos compartir contigo.

Anímate a viaxar á Idade do Ferro a través da peculiar historia de amor entre Nabia, castrexa forte e aguerrida, e Caius Maximus, un romano moi namorado pero pouco bravo. Aceptará o afamado guerreiro e gran xefe Reburrino esta unión?

Desfruta deste relato cargado de bo humor no mellor escenario: o castro de San Cibrao de Las, onde a natureza, os recursos e os modos de vida conviviron en harmonía durante séculos -DIM2015/ICOM-.

Máis información no 988 267 285 ou en info@pacc.es

VER CARTEL DO EVENTO