
SOBRE OS RECENTES ACHADOS
Na imaxe pódese observar como o responsable de restauración do equipo, Miguel, debuxa as últimas pezas descubertas na área 50 da escavación. Constitúen unha mestura entre expresión artística e elementos decorativos-construtivos. Trátase dunha escultura antropomorfa en granito e unha decoración en tríscele (hexásceles), recentemente exhumada, ambos os dous para encastrar no muro como elemento decorativo e/ou simbólico. Na estratigrafía atópanse no momento final da ocupación do castro, no século I-II d.C.
Na fotografía vese o debuxo da planta, alzado e perfil da cabeza, unha figura masculina basta, sen trazos definidos agás unhas pequenas incisións que podrían ser pelo ou a decoración do casco ou tocado.
Sen dúbida, dous grandes achados que tras o seu estudo no contexto da escavación, aportarán un maior coñecemento á investigación da plástica castrexa.
TERRA ARQUEOS
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Campamento de verán do 7 ao 31 do Xullo18 Xuñ 2020CAMPAMENTO DE VERÁN DO 7 OA 31 DE XULLO PARA NENAS E NENOS DE 6 A 14 ANOS O prazo de inscrición come...
AGARDÁMOSVOS A PARTIR DO VENRES 12 DE XUÑO09 Xuñ 2020Estaremos de martes a venres ata as 18:00h e durante as fins de semana ata as 20:00h. Lembrade que o...
PERSEIDAS 201911 Abr 2019PERSEIDAS 2019: Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!...