Semana Sant no PACC

March 16, 2016
0 Comment

Semana Santa no PACC

A Semana Santa xa está aquí, e que mellor que pasar as vacacións rodeados de natureza e cultura! Poderedes visitar a área arqueolóxica acompañados de guías especializados, unha volta ao pasado na que grandes e pequenos descubrirán un dos xacementos castrexos máis importantes de Galicia, San Cibrao de Las, e todos os segredos que as súas pedras agochan. E para completar a experiencia, nada mellor que pasear polas murallas do castro ou visitar a exposición estable do Centro de Interpretación.

Ademais ampliamos o horario de apertura, xa que de xoves a domingo abriremos desde as 11.00h ata as 20.00 h de forma continuada.

As visitas guiadas son DE BALDE COA ENTRADA AO PARQUE, e teñen aforo limitado polo que recomendamos reservar no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es

Máis información en info@pacc.es ou no 988 267 285.