Semana Santa 2015 no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

March 27, 2015
0 Comment

 

Achegámosvos a programación de Semana Santa 2015 no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa: visitas guiadas, exhibicións de lume e caza, un obradoiro para os máis pequenos… e moitas sorpresas para todas as idades!

O sábado 4 de abril contaremos coa actuación de Teatro do Miolo, cos que viaxaremos á Idade do Ferro a través da historia de amor entre a castrexa Nabia e o romano Caius Maximus. Como nas grandes historias de amor, non faltarán os impedimentos, que máis aló das diferenzas culturais, pasarán pola aceptación do xefe do clan castrexo e pai de Nabia, o afamado guerreiro Reburrino.

Todas as actividades son GRATUÍTAS coa entrada ao Parque, eso sí, cómpre reservar, xa que teñen aforo limitado. Atoparedes toda a programación no documento adxunto. Esperámosvos!

Máis información