Rastrexando a Perseo

Agosto 13, 2015
0 Comment

Rastrexando a Perseo

Dado o éxito acadado o pasado 8 de agosto coa Noite das bágoas de San Lorenzo, actividade onde astronomía e arqueoloxía camiñaron da man para dar a coñecer o castro de Las dun xeito diferente, decidimos repetir experiencia e ofrecervos a posibilidade de desfrutar unha noite máis baixo as estrelas da antiga Lansbrica.

A actividade terá lugar o vindeiro sábado 22 de agosto; unha noite na que poderemos seguir o rastro ás últimas Perseidas do ano pero tamén contemplar fermosas constelacións, observar planetas e descubrir relucentes estrelas. En definitiva, unha oportunidade excelente de visitar e coñecer a “Cidá” de Las baixo a luz feiticeira dun ceo estrelado.

O programa será o mesmo que na anterior ocasión: visita libre ao centro, visita guiada nocturna, cea (opcional) e, a continuación, a actividade de observación astronómica a cargo da Asociación Astronómica de Ourense (AAO).

Recordade que é necesario reservar a actividade previamente, xa que o aforo é limitado. Máis información no 988 267 285 ou en info@pacc.es.