Programación de Xaneiro

January 22, 2015
0 Comment

Tellas? Moedas? Autoestradas? Sixillata??? Están tolos estes romanos!!!! A de cousas que se lles tiveron que pasar pola cabeza aos castrexos cando chegaron os romanos con todas as súas modernidades…!
Os días 24 e 25, a partir das 11.00h e coa entrada ao Parque, os visitantes que vos acheguedes ao PACC poderedes desfrutar da actividade “Están tolos estes romanos” de forma gratuíta. Na exposición estable levaranse a cabo breves explicacións sobre o impacto da chegada romana á Gallaecia. A maiores, e incidindo nesta temática, ás 12h e ás 16h terán lugar visitas guiadas á área arqueolóxica. Non deixedes de visitarnos esta fin de semana, por Bandua!

É recomendable reservar previamente xa que o aforo é limitado. Máis información no 988 267 285 ou en info@pacc.es.