O Guerreiro de Lansbrica

February 6, 2015
0 Comment

Por Nabia! Que Bandua nos protexa! A estes e outros deuses pedirían axuda os guerreiros de Lansbrica antes do combate ou nun dos seus rituais.

Achégate ao Parque a fin de semana do 21 e 22 de febreiro e descubre o misterioso mundo dos guerreiros castrexos. Ao longo do día haberá actividades para todos os públicos: visitas guiadas ao castro, breves explicacións na exposición e un obradoiro para toda a familia. Non dubidedes en acompañarnos!

Todas as actividades serán gratuítas coa entrada ao Parque. É recomendable reservar previamente xa que o aforo é limitado.

Máis información no 988 267 285 ou en info@pacc.es.