
LABORATORIO CASTREXO
As visitas de grupos escolares nos encantan e son unha parte moi importante do proxecto de intervención e consolidación arqueolóxica do castro de San Cibrao de Las. Por iso, ademais de coñecer o castro e o proceso da escavación en directo, a actividade Laboratorio castrexo pretende que os rapaces e as rapazas comprendan a cara máis descoñecida da arqueoloxía, o tratamento e estudo dos materiais que se descobren na escavación.
Onte, en varias quendas, preto de 120 estudantes do Colexio La Salle de Santiago experimentaron en primeira persoa como é este minucioso traballo nun Laboratorio arqueolóxico verdadeiro, no centro de interpretación do PACC. A partir da limpeza, etiquetado, rexistro ou debuxo das pezas, os escolares pasárono en grande sentíndose arqueólogos e arqueólogas por un día.
TERRA ARQUEOS
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Bo Nadal e Feliz Aninovo20 Dec 2021Cos nosos mellores desexos… Bo Nadal e Feliz Aninovo...
Actividades Pacc Lansbrica03 Dec 2021...
Camina pola igualdade03 Dec 2021...