II Aniversario do PACC

March 4, 2016
0 Comment

II Aniversario do PACC

Co fin de celebrar o II Aniversario do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC o sábado 12 de marzo, temos preparado un estupendo programa para toda a familia que de seguro espertará o interese e a curiosidade de todos os que vos acheguedes ao Parque ao longo do día.

Poderedes visitar a área arqueolóxica acompañados de guías especializados e desfrutar de variadas exhibicións da man dos nosos monitores. Descubrir a orixe do lume, coñecer as diferentes técnicas de caza na Prehistoria, indagar no proceso do tecido durante a Idade do Ferro ou achegarse ao interesante mundo da ourivería castrexa, son algunhas das propostas que vos suxerimos para pasar unha divertida e didáctica xornada no PACC.

As actividades terán lugar dende as 11.00h ata as 18.00 h, están dirixidas a todos os públicos e todas elas son de balde COA ENTRADA AO PARQUE.

As visitas guiadas teñen aforo limitado, polo que recomendamos reservar no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es

Máis información en info@pacc.es ou no 988 267285.