UN NOVO AMARRADOIRO NO CASTRO!

Outubro 6, 2016
0 Comment

UN NOVO AMARRADOIRO NO CASTRO!

excavacion

É moi frecuente que os traballadores do equipo das aldeas veciñas falen na escavación de mouros, mouras ou…trabes!. Fálannos dunhas galerías que construíron os mouros e que comunican o pozo oeste do castro con o monte de San Trocado. Serían unha chea de túneles, un deles cunha trabe de ouro e outro de alcatrán. Encántanos as lendas sobre os castros, pois forman parte do imaxinario popular da nosa cultura, aínda que até o de agora non foi posible atopar ningunha trabe e si outro tipo de materiais.

Nestes primeiros días de escavación, debaixo do horizonte vexetal, apareceu bastante cerámica (era visto!), muíños e de súpeto … un amarradoiro, como xa ven sendo frecuente no castro de San Cibrao de Las. Este tipo de pezas en pedra e que ás veces aparecen decoradas ou con formas de animais, se usarían imbricadas na parede para amarrar o gando, ademais dunha posible función simbólica.

Así que de momento nada de trabes, pero…quen sabe as sorpresas que nos pode deparar as seguintes xornadas na escavación?

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

muino

dscn0682