UN DÍA NA “OFICINA”!

Outubro 11, 2016
0 Comment

UN DÍA NA “OFICINA”!

excavacion

Pasan os días e as piquetas continúan rascando a terra na procura da historia deste recuncho do castro. A moral do equipo vai alta, xa que toda a área da intervención está escavada e a capa superficial máis os infinitos derrubes de pedra vanse retirando pouco a pouco. É certo que estas primeiras xornadas foron moi produtivas e trouxeron consigo o descubrimento e definición de tres vivendas cos seus respectivos espazos, máis importantes achados como numerosos muíños, fusaiolas, diversos obxectos en bronce e ferro, material construtivo de pedra e abundante cerámica.

Pero é agora cando os membros do equipo notamos que comeza a arqueoloxía de verdade. Sentimos que cada movemento de paletín nos achega cada vez máis á xente que habitaba este barrio do castro de San Cibrao de Las hai preto de 2000 anos.

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

5-post