TRABALLO DE LABORATORIO

Novembro 18, 2016
0 Comment

excavacion

Como xa sabedes por outros post, non todo é darlle ao paletín no castro, senón que tamén nos debemos aos escolares que nos visitan, que son unha parte destacada e protagonista do proxecto de intervención e consolidación arqueolóxica do castro de San Cibrao de Las.

E andamos moi satisfeitos da acollida que está tendo a actividade “laboratorio castrexo” que realizamos no centro de interpretación do PACC, onde centos de rapaces e rapazas de moitos puntos de Galicia e de diferentes niveis, descobren as pezas atopadas diariamente na escavación para pasar despois á acción como verdadeiros e verdadeiras arqueólogos e arqueólogas. E polo que se ve nas imaxes …semella que hai grandes debuxantes entre nós.

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

dscn1474

dscn1422

dscn1471

dscn1387

dscn1391

20161116_142300