PERSEIDAS 2016

Agosto 2, 2016
0 Comment

PERSEIDAS 2016

Por terceiro ano consecutivo, no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa queremos celebrar convosco a noite máxica das Perseidas. Coincidindo con este fenómeno astronómico, máis coñecido como a noite das bágoas de San Lourenzo, temos preparada unha actividade do máis especial para o día 13 de agosto: visita libre ao centro de interpretación, visita guiada nocturna, cea (opcional) e, a continuación, a actividade de observación astronómica a cargo da Asociación Astronómica de Ourense (AAO).

A noite do sábado 13 de agosto, o castro de Las converterase de novo nun punto de observación astronómica excepcional; un plan diferente e con moito encanto que só acontece unha vez ao ano. Non deixedes escapar a oportunidade de visitar a antiga Lansbrica baixo un fermoso ceo estrelado de verán!

Lembrade que é necesario reservar a actividade previamente, xa que o aforo é limitado (reservas@pacc.es ou 988 267 285).

Máis información en info@pacc.es ou no 988 267 285.