A PAISAXE QUE NOS ENVOLVE!

Outubro 13, 2016
0 Comment

A PAISAXE QUE NOS ENVOLVE!

excavacion

Moitos días lembramos a unha das nosas grandes figuras no estudo da prehistoria galega, Florentino López Cuevillas, que ficou tan namorado das intensas néboas ourensáns que comentaba con fina ironía que debíamos estar “unha miga orgullosos, pois sempre é bó ter algo que os demais non teñen”.

Non temos moi claro como son as néboas por outros lares, pero se que é certo que aquí moitas mañás quedamos abraiados con este agasallo da natureza, que debuxa ante nós unha paisaxe espectacular. Polo momento acaba abrindo, o que é mellor para o traballo, pero antes de marchar sempre nos deixa un intre máxico na escavación e…tamén momentos para os sorrisos por mor do traxe de faena do noso compañeiro Sindo.

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

6-post

6-pos