AUGA QUE NON É DE BEBER, DÉIXAA CORRER …

Novembro 17, 2016
0 Comment

excavacion

A escavación en marcha está deixando ao descuberto numerosas estruturas moi interesantes e especiais, que permiten a definición e a análise da organización do espazo doméstico do poboado de San Cibrao de Las. A que hoxe vos amosamos correspóndese cun complexo sistema de evacuación da auga de choiva moi ben planificado, atopado na zona interior dunha das vivendas da área 50. Trátase dunha serie de desaugadoiros construídos por debaixo do nivel do chan dos diferentes cuartos co fin de drenar as augas cara o exterior da vivenda.

Polo visto os habitantes de Las tiñan as ideas moi claras respecto a auga da chuvia, o importante sería conducila o máis lonxe posible das estruturas principais da casa dun … e por suposto en ningún caso enchoupar ás vivendas dos veciños.

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

img_3547

img_3548

post-auga-que-non-e

img_3544