Actividades

Actividades699 As actividades do Parque Arqueolóxico son un complemento ideal da visita ao castro e á exposición. Deseñadas co mesmo criterio de calidade que os programas de visitas, teñen un acentuado compoñente didáctico coa cultura castrexa como eixo central. Descubrir os símbolos e signos, coñecer os usos do lume na Idade do Ferro, participar dun rastrexo de caza ou elaborar unha sinxela receita ao xeito castrexo, son algunhas das actividades que durante unha hora farán desfrutar a adultos e nenos. Esta oferta de actividades adaptarase segundo as necesidades dos participantes interesados, sempre previa reserva no teléfono 988 267 285 ou no correo electrónico reservas@pacc.es