A NOITE DAS PERSEIDAS 2017

Xullo 25, 2017
0 Comment

Un ano máis, coincidindo co fenómeno astronómico das Perseidas, no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa témolo todo preparado para desfrutar convosco dunha noite noite máxica entre as estrelas.

Esta actividade tan especial terá lugar a noite do sábado 5 de agosto, data na que astronomía e arqueoloxía se mesturan en perfecta harmonía baixo a atenta mirada da impoñente Cidá de Las.

Todos aqueles que vos acheguedes ao PACC na Noite das Perseidas teredes a oportunidade de participar nunha visita guiada nocturna polo castro de San Cibrao de Las, así como na actividade de observación astronómica que este ano estará a cargo da Agrupación Astronómica Rías Baixas. Ademais, como queremos que a noite do 5 de agosto sexa o máis especial posible, animámosvos a reservar a vosa mesa para a primeira cena temática que organiza o Parque Arqueolóxico!

Esperámosvos!

Lembrade que é necesario reservar previamente, xa que o aforo é limitado (reservas@pacc.es ou 988 267 285).

Máis información en info@pacc.es ou no 988 267 285.