
COMEZA A CONSOLIDACIÓN DAS ESTRUTURAS
Esta semana comezaron as labores de restauración e consolidación dalghunas estruturas aproveitando o bo tempo de Ourense. Este tipo de traballos soamente pódense realizar en zonas moi concretas, en espazos xa totalmente escavados como por exemplo a rúa que sube dende a rolda inferior á superior.
As dúas ou tres fiadas engadidas teñen o obxecto de protexer a construción orixinal descuberta , deste xeito son as novas fiadas de pedra as que sofren as agresións externas e as antigas quedan protexidas.
Para que se poida recoñecer o paramento orixinal do novo, engádense entre eles unas lousas cortadas que se colocan aproximadamente cada 60 cms coa finalidade de distinguir o orixinal do engadido sen destacar dentro do conxunto da construción.
TERRA ARQUEOS
Buscar no sitio web
Próximos eventos
Campamento de verán do 7 ao 31 do Xullo18 Xuñ 2020CAMPAMENTO DE VERÁN DO 7 OA 31 DE XULLO PARA NENAS E NENOS DE 6 A 14 ANOS O prazo de inscrición come...
AGARDÁMOSVOS A PARTIR DO VENRES 12 DE XUÑO09 Xuñ 2020Estaremos de martes a venres ata as 18:00h e durante as fins de semana ata as 20:00h. Lembrade que o...
PERSEIDAS 201911 Abr 2019PERSEIDAS 2019: Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!...